15/3/11
UNHA VISITA MOI INTERESANTE
Os nenos e as nenas de 5º curso recibimos onte a visita de Bea.
É unha das guías do Parque Nacional marítimo- terrestre das illas Atlánticas de Galicia.
Aprendimos moitas cousas con ela:
que é un parque nacional; que significa que sexa marítimo- terrestre; cales son as illas Atlánticas de Galicia; que tipo de flora e fauna teñen; cales son os modos de vida dalgunhas das súas aves; como debemos actuar nós para coidar este entorno...
Foi unha visita moi interesante e divertida pois non se esqueceu de traernos un xogo para que aprendéramos divertíndonos.
Agora temos que esperar a ter sorte co tempo para poder facer unha excursión ás illas Cíes.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Para facer un comentario neste blogue
- Pulsa co cursor enriba de "comentarios"
- Elixe de identidade "Nombre"
- Pon o teu nome
- Escribe no recadro o teu comentario
- Pulsa enriba de "Publicar comentario"
- Sairá publicado máis tarde,cando o autoricemos
- ¡ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS!
Pon música
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas