26/11/10

Unha visión diferente

Este é un traballo dixital do alumno de 6º de Primaria Anxo Rúa sobre a igrexa de San Martiño de Moaña

24/11/10

Os cogumelos

Onte os nenos e nenas de 5º e 6º curso asistiron a unha charla moi interesante sobre as setas.

O conferenciante foi Manuel Méndez, gran aficionado as setas, que nos trouxo uns exemplares recolectados esa mesma mañá nos montes de Moaña.



20/11/10

Museo Massó en Bueu

A antiga fábrica de conservas Massó en Bueu hoxe é un museo público . A familia Massó tiña unha importante colección de obxectos e libros relacionados co mar . Grazas á visita de Marconi e aos seus consellos inauguraron un museo privado en 1932.

Actualmente, o museo pertence a Xunta de Galicia, e polo tanto, é publico. Consta de 3 salas: a 1ª está dedicada as embarcacións tradicionais, a industria conserveira, o salazón do peixe e a caza da balea.


A 2ª sala alberga a biblioteca da familia Massó, maquetas de barcos antigos, instrumentos náuticos e gravados.




A 3ª sala está dedicada a exposicións temporais e tamén dispón dun espazo para audiovisuais.


O protagonista é o mar e por iso, o museo abre as súas portas ao exterior: Un museo de portas para fóra coa finalidade de conectar co ambiente que o arrodea porque o edificio está próximo ao porto de Bueu, aomercado de peixe e á lonxa, á praia e a unha carpintería de ribeira.O persoal do museo pretende conectar o interior do museo coa realidade mariñeira de Bueu e conségueo porque as explicación sda guía son moi claras e comprensibles.


19/11/10

Carta de Paco para 6º curso


QUERIDOS AMIGOS E AMIGAS DE SEXTO:


Levo xa nove anos na biblioteca do voso cole e aínda non me ensinastes como é o pobo onde vivimos.

Este ano gustaríame coñecer un pouco máis de Moaña,onde está, como se chaman os seus ríos, as praias, as festas, en que traballan as súas xentes...

SABEDES QUE 2010 É O ANO INTERNACIONAL DA AUGA?

Gustaríame saber como podo atopar auga no mundo.

Sempre está líquida, ou aparece de outras maneiras?

E que proporción de auga e terra hai no planeta?
Hai máis auga doce ou hai máis salgada?
Por certo, que son os icebergs?

Espero as vosas respostas!
Para buscar a información, na biblioteca escolar, ou na páxina de recursos:

Carta de Paco para 5º curso

QUERIDOS AMIGOS E AMIGAS DE QUINTO:

Levo xa nove anos na biblioteca do voso cole e aínda non me ensinastes como é o pobo onde vivimos.

Este ano gustaríame coñecer un pouco máis de Moaña,onde está, como se chaman os seus ríos, as praias, as festas, en que traballan as súas xentes...

SABEDES QUE 2010 É O ANO INTERNACIONAL DA AUGA?


Quixera saber de onde ven a auga que sae das billas das casas e onde vai despois.
Sempre houbo auga nas casas?
Sabedes que civilización fixo grandes obras para levar auga as casas?


Espero as vosas respostas!

Para buscar a información, na biblioteca escolar, ou na páxina de recursos:

5/11/10

UNHA INTERESANTE EXPERIENCIA


ONTE O TERCEIRO CICLO DE QUINTELA, XUNTO CON OUTROS CENTROS, TIVEMOS UNHA VIDEOCONFERENCIA CUNS CIENTÍFICOS GALEGOS QUE ESTÁN INVESTIGANDO NAS UNIVERSIDADES DE XENEBRA E SANTIAGO.

A científica Teresa e o científico Abraham faláronnos dende Xenebra dos átomos e das súas partes máis pequenas e Elena, dende Santiago, falounos dos buracos negros.

Como era tan interesante achegáronse moitos profesores tamén.

É a primeira vez que uns científicos fan unha videoconferencia con centros escolares.

Pareceunos un traballo moi "interesante". Teñen un traballo moi difícil, de moita dedicación e teñen que estudar moito para estar preparados.

Estes traballos axúdannos a saber máis sobre a vida e o universo.

Tamén aclaráronnos dúbidas, como que o planeta non vai a estoupar ou que non o vai tragar un buraco negro.

Son un bó exemplo, porque aínda que están noutro país non esqueceron a súa lingua natal.

Alumnos e alumnas de 5º.

4/11/10

VIDEOCONFERENCIA EN QUINTELA


Onte o 3º ciclo fomos espectadores da aplicación das novas tecnoloxías á escola.
Xenebra( Suíza ), Santiago de Compostela e moitos centros de educativos de Galicia compartimos unha hora de comunicación científica a través dunha videoconferencia. Dous investigadores galegos que traballan no CERN( Consello Europeo de Investigación Nuclear ) e unha profesora e un profesor da facultade de Física da USC( Universidade de Santiago de Compostela ) faláronnos do seu traballo.

Esta videoconferencia estaba pensada para cursos superiores, pero non eramos o único centro de Primaria.
Carlos 6º


Non entendemos moito, pero pareceume unha moi boa idea porque nunca viramos unha videoconferencia.

Martina 6º


Pareceume unha gran oportunidade para entender a física no instituto.

Samuel 6º


Fixéronnos recordar cousas que déramos en 4ºe 5º, como: a materia, a célula, os átomos, o Big Bang, os buratos negros...


Irene 6º

2/11/10

ACABOUSE A ESPERA! : UNHA CLASE NATURAL
















Visita á igrexa de San Martiño
O mércores 27 o noso ciclo subiu andando ata a igrexa de S. Martiño.Acompañáronnos Eric e María.A Eric xa o presentamos e a María farémolo agora: é unha estudante de Maxisterio que está a facer as prácticas no colexio.
En coñecemento do medio estudamos a Idade Media e,polo tanto, os estilos artísticos mediavais; como a igrexa de S. Martiño pertence ao estilo románico decidimos ter unha clase ao aire libre.Esta consistiu en observar o edificio por fóra para logo debuxar as distintas paredes exteriores tendo en conta os elementos característicos do románico:arco de medio punto,paredes de pedra grosas, cruz latina,ventás
pequenas,pórtico,pouca altura,...
Eric,como experto en artes plásticas,ensinounos unha técnica para traballar as proporcións usando as mans.Tivemos unha mañá moi divertida,pero acabamos esgotados.
P.D. : as fotos ilustran a nosa experiencia.

Sexto curso

Pode que che interese

Blog Widget by LinkWithin

Para facer un comentario neste blogue

  • Pulsa co cursor enriba de "comentarios"
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pon o teu nome
  • Escribe no recadro o teu comentario
  • Pulsa enriba de "Publicar comentario"
  • Sairá publicado máis tarde,cando o autoricemos
  • ¡ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS!

Pon música

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas