30/11/09

Estamos lendo



A clase de 5º lemos o libro O sorriso de Rosalía de Cristina Sáez Cazallas e publicado por Everest Galicia.
Aquí vos deixamos o argumento:


Rosalía ten o sorriso máis grande do mundo. Unha das cousas que máis lle gusta é o arco da vella e tamén poder subir a el. Un día ocorréuselle unha idea e fíxose a enferma para poder levala adiante.

24/11/09

Día Internacional contra a violencia de xénero

O Día 25 de Novembro é o
Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres

"O libro dos porcos" Editado por Kalandraka, segue sendo moi apropiado para nenos e nenas do terceiro ciclo. As ilustracións son fortes e efectivas.


"La cenicienta que no quería comer perdices"
de Nunila Lòpez e Myriam Cameros,está actualmente nas librerías, con gran éxito de ventas, pero podemos velo na rede:

Ademais, como a mellor prevención é a coeducación, deixovos AQUI un enlace á unha interesante selección feita dende a Escola Unitaria de Vide .

17/11/09

Mandalas

COLOREAMOS MANDALAS

Na clase de plástica falamos sobre as mandalas, que son representacións simbólicas utilizadas en Oriente. Pasámolo moi ben combinando as cores e coloreando estas mandalas.
Aquí tedes unhas fotos:





Alumnos de 6º
Máis mandalas para imprimir e colorear aquí. ´
Aquí tedes un pouco máis fáciles, para os máis pequenos do cole.

Disfrutade agora co vídeo:


16/11/09

A astronomía

Seguimos traballando a astronomía

Clicade na imaxe, e entrarás nunha páxina que preparamos para vós, con información, fotografías xogos,..



Con esa información podedes completar a vosa parte do proxecto "Galileo Galilei"

15/11/09

Curso de mecanografía


Aqui vos queda o enlace a un curso de mecanografía moi bo, que vimos en Blogmaníacos, :

http://www.artypist.com/

Este enlace queda fixo no menú lateral do blog, onde dí aprende, para que poidades practicar.

E aqui está unha páxina para medir a vosa velocidade: Speed

6/11/09

Carta para sexto

Na súa carta os nenos e nenas de sexto teñen a seguinte petición:

"Galileo descubriu que os planetas movíanse de xeito diferante a como se pensaba na época.Seríades capaces de buscar na rede e facer dúas ilustracións comparativas?










Aquí tedes unha páxina do IES As Mariñas, que vos pode axudar:

http://sites.google.com/site/mirandoaoceo/

Carta para quinto

Hoxe todos os cursos recibiron unha carta de Paco, a mascota da nosa biblioteca:


Aos nenos e nenas de 5º pídelles que investiguen e fagan unha biografía de Galileo Galilei, para que todos poidamos lela.

Na Galipedia podedes investigar quen era Galileo.


Preme na imaxe e atoparás algúns dos seus inventos:


Aquí tedes un cómic que vos pode interesar '>(Vía IES As Mariñas):

E na biblioteca do cole podedes atopar máis información.

Agora xa estades listos para contestarlle a Paco!!!

2/11/09

Facemos diplomas

Hoxe aprendemos a facer diplomas. Algúns son moi coloridos. Vamos a imprimilos e a botar unhas risas:






Texto: Rodrigo
Fotos: Pablo

Pode que che interese

Blog Widget by LinkWithin

Para facer un comentario neste blogue

  • Pulsa co cursor enriba de "comentarios"
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pon o teu nome
  • Escribe no recadro o teu comentario
  • Pulsa enriba de "Publicar comentario"
  • Sairá publicado máis tarde,cando o autoricemos
  • ¡ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS!

Pon música

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas